lunes, 28 de abril de 2014


España na Idade Moderna

España na Idade moderna.
-A Idade Moderna comeza en España cando Colón chega a América en 1492.
-Nese ano, os Reis Católicos expulsaron aos musulmáns de Granada.
-Ao longo da Idade Moderna, reinaron en España dous dinastías:a dos Habsburgo, tamén chamada Casa de Austria, e a dos Borbóns.

Os Reis Católicos
Os reis católicos foi a denominación que recibiron Fernando II de Aragón, casado con Isabel I de Castilla.
A histográfica española considera que o reinado destes reis como o brinco da Idade Media a Idade Moderna.
Durante o seu reinado se descubriu América grazas a Colón e os musulmáns foron expulsados de Granada e completamente  de España.
O imperio español a finais de 1588

 A Dinastía dos Habsburgo (Casa de Austria)
O reinado dos Habsburgo trouxo unha revolución no arte e na cultura de España.
Carlos I era neto dos Reis Católicos e de Maximiliano de Habsburgo, emperador de Austria. Heredou os reinos dos seus avós, de maneira que era rei de España e emperador de Alemaña. En 1519 converteuse no primeiro rei da dinastía dos Habsburgo ou Casa de Austria.
Carlos I tivo un fillo, Filipe II, que heredou o seu reinado excepto o Archiducado de Austria e os derechos do título imperial. En 1580 incorporou o reino de Portugal, cos seus territorios en África, América e Asia. Era o rei máis poderoso do seu tempo e a monarquía  hispánica acadou a súa máxima extensión durante o seu reinado.
A partir do século XVII, o imperio español foi perdendo territorios, Portugal e as súas colonias independizáronse.
Carlos II, o último rei da dinastía dos Habssurgo, morreu en 1700, sen ter fillos. Había dous pretendentes ao trono: Carlos de Austria e Filipe de Anjou (que acabou sendo o rei). Para evitar que Francia e España formase un gran imperio, constituíuse unha alianza europea que apoiaba a Carlos de Austria. Así comezou en 1702, a Guerra de Sucesión Española.

A Dinastía dos Borbóns
A guerra remata en 1713 co triunfo de Filipe V, que foi o primeiro rei da dinastía dos Borbóns.
Os sucesores de Filipe V, Fernando VI (1746-1759), Carlos III (1759-1788) e Carlos IV (1788-1808).
Intentaron modernizar España. Para iso fixáronse en Francia. Pero non repararon nas nececidades do pobo nin no feito de que España xa non era un gran Imperio.
Ao rematar a Idade Moderna, os Borbóns seguían reinando en España.





No hay comentarios:

Publicar un comentario